Xeración de novas figuras
O programa pode xerar novas figuras. Esta opción só está dispoñible
para algunhas das modalidades do xogo. Podedes facer que o programa
xere unha figura coa opción de menú Xera figuras -> Xera figura (ou ben coa combinación de teclas Ctrl+R). O programa xerará unha figura nova e poderedes tentar resolvela inmediatament.
Coa opción Xera figuras -> Xera figuras (ou ben coa combinación de teclas Ctrl+Q) poderedes xerar figuras masivamente (até 300). Só tedes que introducir o número de figuras que desexades xerar.
O proceso de xeración é bastante aleatorio: aínda así, é posible que se
xere algunha figura repetida. Por iso, coa opción de menú Xera figuras -> Comproba figuras
poderedes revisar as figuras xeradas. Con esta pantalla podedes facer
que o programa comprobe se hai figuras repetidas entre as figuras
xeradas ou ben se algunha das figuras xeradas xa está na colección das
figuras do programa. Despois de facer a comprobación, o programa marca
automaticamente as figuras repetidas para eliminalas. Podedes marcar
outras figuras (por exemplo algunha en que as pezas non estean
colocadas formando unha única figura) co botón de eliminación (
).
A todas as figuras xeradas asígnaselles o nome «AUTO», seguido dun
número xerado ao azar. Podedes facer que o programa renumere
correlativamente as figuras de forma automática co botón
.
Unha vez feitos os cambios, podedes gardar os datos nun arquivo. Para
xogar coas figuras xeradas, só tedes que usar a opción de menú Aplicación->Carga figuras dun arquivo e seleccionar o arquivo desexado.